Cómpracenos darlle a benvida ao sitio web do Centro gallego de Salamanca. Dende o ano 1957 a nosa institución mantén o firme e decidido compromiso de divulgar a orixe e identidade galegas, desenvolvendo actividades de divulgación da idiosincrasia, cultura e costumes galegas entre os nosos socios, novas xeracións e público en xeral.

O noso portal nace no marco do proxecto GaliciaAberta, comunidade virtual da emigración da que formamos parte.

Neste espazo,poderá atopar información sobre a nosa historia, as nosas actividades, a situación das nosas instalacións ou calquera outro tipo de información de interese.

Se desexa enviarnos calquera consulta, dúbida ou suxestión poderá realizala a través do enderezo cgsalamanca@galiciaaberta.com.

Por último, invitámolo tamén a participar en GaliciaAberta, a través das ferramentas de comunidade dispoñibles, como foros, enquisas, axenda, etc.